18.12.19

POBOADO NAVIDEÑO DE CABANAS



GRACIAS!!!!
A todas as familias que participaron na elaboración do poboado de Nadal.
Un ano máis superaronse as expectativas e os resultados son excelentes.

Animadevos a visitalo antes do venres.

Bo Nadal


BAIXO O MESMO PARAUGAS

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



Para celebrar o día internacional das persoas con discapacidade   , 
este ano tivemos a sorte de ter a visita dos  nen@s do colexio Juan XXIII 
para facer cos  nen@s de 5º de Primaria do noso cole  un taller 
no que todos xuntos decoraron  paraugas que simbolizaban o lema dese día
   TODOS BAIXO UN MESMO PARAUGAS.
Foi unha experiencia moi bonita ver como traballaban en equipo 
e se axudaban.


Ademais desa actividade tamén fixemos un puzzle xigante 
coa colaboración de tódalas clases àportando unha peza que falaba
 de inclusión e de colaboración.



Xosé A. Perozo visita Cabanas

   Onte, 17 de decembro, o escritor Xosé A. Perozo , estivo no cole cos nen@s de 5º e 6º de Primaria que estiveron traballando na semana escolar DO CAMIÑO DE SANTIAGO.
As aventuras da ECOPANDA gustáronnos moito e por eso seguiremos colaborando para resolver novos misterios.









Antes de marchar fixo un regalo para a biblioteca 

                                           Resultado de imagen de noite de reis en kalpankalá"

Estamos desexando leelo xa.
MOITAS GRAZAS

AMAR O MAR

AMAR O MAR

ALUMNADO 6º DE E.PRIMARIA





25.11.19

DEREITOS DA INFANCIA - 25 NOVEMBRO.

Hoxe 25 de novembro celebrase o día da violencia contra as mulleres.
Manifestarse en contra da violencia de xénero é respectar os dereitos de todas as persoas.
E o alumnado de Cabanas   manifesta así como traballamos pola Igualdade e como rechazamos todo tipo de violencia.
Gozade coa nosa particular posta en escea con este
"mannequin challenge"



16.11.19

CONGRESO ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO

Os pasados xoves 14 e venres  15 de novembro celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra o VIII Congreso das Escolas Asociadas UNESCO.
Como representación do noso cole foron os alumnos e alumnas de 4º de E.Primaria.

Expuxemos os nosos traballos 




Na presentación do encontro xunto coas autoridades, concelleira de cultura Carmen Fouces, e as coordinadoras galega e estatal das Escolas Unesco estiveron Nerea do Ceip San Bieito de Lerez e Nico Barreiro do Ceip de Cabanas.


E antes do descanso disfrutamos dun concerto da orquesta do conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra, e do alumnado do Cole de Lisboa invitado ao Congreso, que foi unha das actividades que máis gustou.



A continuación cada un das escolas participantes fixeron as súas presentacións. E os nosos nenos  fixeronno de 10.






Despois de comer e descansar un ratiño, comenzamos os talleres, polo que nos dividimos por grupos e disfrutamos de actividades variadas, todas elas coa finalidade de traballar un dos obxectivos ODS.


Algunhas familias foron acolledoras de nenos de outros centros que quedaron a durmir hasta o día seguinte. GRACIASSS!!!

O venres despois de facer asambleas por talleres e valorar as cousas máis positivas e negativas e chegar a conclusións expuxémolas de novo para todos. E recibimos un diploma por participar.





Rematamos co baile de "DESPLASTIFICATE", coa música feita polo conservatorio de Redondela.
Queda como proba o ben que o pasamos.



UNS DIAS QUE NON ESQUECEREMOS!!!!

3.11.19

SAMAIN EN CABANAS

Este ano, coma sempre no cole de CABANAS fixemos unha morea de actividades.
Comezxando por decorar o noso cole


Un mural cheo de mans  de MEDOOO!!!!



En PATATEKA selecionamos uns estupendos libros de medo


Fixemos "Acronimos" coas letras de SAMAIN





Coma sempre as familias colaboraron con unhas cabazas decoradas do máis orixinais e traballadas, e nos encantanos estas actividades en familia e este ano chegamos a case 150 cabazas!!!



Os 15 máis votados polo alumnado participaron nun taller de maquillaxe espectacular


Pero o mellor deste ano foi a decoración das portas das aulas. Aquí profes e alumnos e alumnas superaronse!!


FELIZ HALLOWEEN E SAMAIN 2019!!!!

29.9.19

ACCIÓN POLO CLIMA

Toda a semana pasada os xovenes do mundo enteiro se manifestaron pola defensa do clima, do planeta terra, do mundo no que vivimos.
Nos medios de comunicación apareceron manifestacións, houbo folgas e concentracións.
No cole de CABANAS non quixemos deixar pasar esta oportunidade de manifestar a nosa preocupación polo cambio climático.
Somos unha escola UNESCO, que queremos aportar o que  podamos para acadar os OBXECTIVOS DE  DESENVOLVEMENTO  SOSTIBLE.


Limos un manifesto, gardamos un minuto de silencio e berramos as nosas frases protesta.


5.6.19

PARTICIPACIÓN EN PONTEENCIENCIA



O alumnado de 6º estiveron a traballar arreo para a edición de PONTEENCIENCIA deste ano.


O traballo de investigación que fixeron  foi sobre a "Flotabilidade" e de como hai variables que influen na mesma, como son o tipo de fluido e densidade deste, a forma do obxecto e o peso do mesmo.
Traballouse o método científico, partindo da observación e a formulación de hipótesis para despois realizar as probas e medicións hasta chegar a conclusións e si as nosas hipótesis iniciais se cumpren ou non.




E durante a Feira explicamos o noso traballo ao xurado, pero a todos os visitantes que mostraban interese, incluido ao Alcalde de Pontevedra




Nesta ocasión non merecimos un premio pero quedamos moi satisfeitos coa nosa participación  e recibimos un diploma de participación que recolleu David en nome dos demáis.




Tamén queremos destacar que a Anpa BOLBORETA tamén participou na sección correspondente a familias con un stand.












13.5.19

Bo dia a todos e todas.
Queremos enserñarvos o ben que opasamos hoxe no patio.
Como parte do proxecto de dinamización de patios e disfrutando deste día veraniego que tivemos realizamos unha actividade fantástica.
Os nenos máis maiores xogaron cos máis pequenos cos seus xogos favoritos.