21.7.20

GRADUACIÓN 6º E. PRIMARIA

Despois deste curso tan raro e inusual, porfin poidemos xuntarnos para despedirnos do alumnado de 6º de Primaria.
Eso sí, con mascara e gardando as distancias pero  moi contentos de vernos.
Nestas circunstancias as familias non poidestes asistir, pero queremos que vexades os guapos e guapas que estaban todos e todas.


Bo verán a todos e todas.
Os nosos mellores desexos para esta promoción que se nos vai do centro.
SODES ESTUPENDOS!!!!

7.4.20

UNHA MENSAXE D@S PROFES


Os profes do CEIP CABANAS temos unha mensaxe para vós.







Nestes días será obrigado cantar, bailar, xogar, falar  coa familia e moita LECTURAAAAAA.


PRONTO NOS VEREMOS 😘 Cara Lanzando Un Beso Emoji

26.3.20

EDUCACION INFANTIL

O alumnado de E.Infantil non ten obriga de facer tarefas escolares, pero é importante que manteñan unha rutina.
As profes traballan para darvos ideas e orientacións de como facelo e no FARO DE VIGO  pulicaron este artigo que  está moi ben e creo que vos pode axudar.


24.3.20

REVISTA ON LINE "LA GUIA INFANTIL"

Seguramente estaredes saturados de propostas de actividades para facer dende a casa porque  polas redes sociais aparecen actividades  divertidas e estupendas.
Pero quería recomendarvos unha páxina, que non solo ten propostas de actividades se non tamén artigos moi interesantes e variados convertendose nunha estupenda escola de familias.


GUIA INFANTIL

23.3.20

CONFINAMENTO COVID-19

Bo día familias
levamos unha semana confinados na casa, e aínda que xa queda menos, a carreira que temos que correr é de fondo.
Dende a páxina web do centro e das aulas virtuais estamos realizando propostas para interrumpir o menos posible o proceso de aprendizaxe do noso alumnado.
Non sabemos que vai a pasar porque esta situación é completamente anormal.
Temos moitas preocupacións, de saúde, dos nosos familiares  que non están connosco, de incertidumbre, de traballo,... 

Somos conscientes que as familias  con nenxs pequenxs estades a pasar momentos  dificiles polo que vos mandamos outra proposta de actividade.

Creo que pode ser interesante para os nenxs pero tamén para os papás e mamás, sobre todo nestes días nos que seguramente temos un sobreexceso de pantallas.



Pronto volveremos a ter o patio do centro cheo de risas e de xogos

UNHA APERTA E MOITO ÁNIMO PERO SOBRE TODO SAÚDE PARA TODXS.


29.2.20

SALÓN DO LIBRO 2020

Xa temos preparado o noso traballo para o SALÓN DO LIBRO 2020

"COMIDA DIVERTIDA"

porque este ano o salón está adicado ao HUMOR




Podedes ir a velo a partir do día 6 de marzo, e clicando aquí, podedes ver o programa deste ano...
pero por si non podedes aquí tedes unhas imaxes.








24.2.20

ENTROIDO 2020

 Na festa do Entroido pasamolo moi ben. Preparamonos no cole, actuamos na Casa Verde e voltamos ao cole para queimar o Cabanón, despois de recitarlles as coplas feitas por todos.





30.1.20

30 XANEIRO DIA DA PAZ ESCOLAR

A pesar de que  o  tempo non nos acompañou disfrutamos este día
 "CANTANDO TODOS XUNTOS POLA PAZ"