21.12.21

NADAL

 Este ano e a pesar dos inconvenientes de última hora celebramos o Nadal en Cabanas cuns traballos estupendos e aquí volos mostramos.


Preparamos as cartas aos Reis de Oriente.

Fixemos unhas estupendas postais de Nadal




E entre todas escollimos as que representan ao cole na felicitación de Nadal de este ano.


Decoramos as portas das clases


Preparamos unhas estupendas panxoliñas na clase de música


Pero  o mellor de todo foron os traballos aportados polas familias.

Chegaron ao cole unha morea de adornos de Nadal feitos de plásticos reutilizados que formarán parte do noso proxecto "DESPLASTIFICATE"


GRACIAS familias!!!

Como hoxe foi o derradeiro día do ano escolar, celebramos "As Badaladas de Cabanas", aínda que eso sí con pouca festa, pero estabamos todxs moi elegantes.

Ahhhh ... e recibimos unha mensaxe moi especial de Papá Nöel, que aínda que non puido vir ao cole nos mandou moitos agasallos para todas as clases.

GRACIAS a Papá Nöel e aos seus axudantes!!!

Agora solo nos queda desexarvos BO NADAL e  ANO NOVO  sobre todo ás familias que por un motivo ou outro están confinadas na casa e teñen que pasar as vacacións de xeito diferente.

Ánimo!! que seguro o ano 2022  será mellor!