A pasada semana recibimos no cole aos compañeiros do centro "JUAN XXIII".
Este centro que escolariza alumnado con discapacidade intelectual está moi preto de nos, a penas a 5 minutos pero era un gran descoñecido para o noso alumnado.
A partir de agora coñecemos a gran labor que fan mellorando sempre as condicións de vida das persoas con discapacidade intelectual.
Fixeronnos saber o que precisan, o que esperan da sociedade que non é outra cousa que
Este curso decidimos xuntar dúas datas importantes como son os DEREITOS DA INFANCIA e a celebración do 25 DE NOVEMBRO, DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO e identificar a violencia como un problema social que podemos previr comprometéndonos a construir unha contorna de paz, bo trato e non violencia.
Unímonos á actividade proposta por UNICEF para celebrar os dereitos da infancia.
Despois de reflexionar sobre a violencia que nos afecta a todos e ben definidos cales son os problemas de violencia, cada clase identificou e elaborou un violentovirus ó que lle puxeron nome.
Despois crearon a vacina coa que aillar o violentovirus e poder loitar e acabar coa violencia no mundo.
Ademais os nenos e nenas acordaron un compromiso e petición sobre a non violencia e o bo trato.
Podedes ver parte do proceso nas aulas de 5º de Infantil AQUÍ.
O venres celebramos no cole a gran festa do Magosto! É un día moi especial, porque son os nenos e nenas maiores do último curso da Primaria quen organizan xogos populares para todos os públicos. Este ano, ademais dos xa clásicos zancos, circuito de obstáculos, bolos, o tragacastaña ou a mariola, tamén houbo obradoiro de maquillaxe e baile. Menudo éxito!
Tamén fixemos merendola de castañas asadas, puxémonos as botas! E co bo día de sol que fixo gozouse da mellor maneira posible, ata houbo baile libre despois da castañada. Desexando repetir para o ano! Deixámovos algunhas fotografías para que vexades como o desfrutamos.
Presentámosvos o documental feito por todos os nenos e nenas do cole sobre as 7 marabillas do mundo moderno, despois de facer un exhaustivo traballo de investigación durante o segundo e terceiro trimestre. Grazas Pataquiña pola túa colaboración, disfrutamos moito facéndoo. Agardamos que vos guste tanto como a nós facelo.
Durante todo este curso os alumnos e alumnas do cole de Cabanas traballamos arreo nun
proxecto sobre a xestión de residuos, coa axuda de SOGAMA.
Deste modo aportamos o noso gran de area para acadar os 17 obxectivos polo desenvolvemento sostible propostos pola UNESCO no 2030.
Para mostrar o traballo realizado por todo o alumnado do centro fixemos unha exposición no hall do cole durante a primeira semana de xuño, celebrando así o "Día do medio ambiente" e o "Día dos océanos".
As actividades propostas por Sogama consistiron nunha charla informativa, guia para realizar en cada aula "Illas de reciclaxe", e a participación nun xogo, e procuramos reciclar en todas as actividades.
Cada clase fixo un cartel para mostrar como seleccionar o lixo e que cousas poden ou non ir a cada contenedor.
E tamén temos un espazo onde podemos facer propostar para usar os 3 "R"
REDUCIR - REUTILIZAR- RECICLAR
O
alumnado de 5º fixo un traballo de investigación sobre os plásticos,
fantástico. Nun mural explican os diferentes tipos de plásticos, os
seus usos e composición.
E con toda esa información elaboraron un video con información rigurosa e completisima, que podedes ver a continuación
.
Pero sen lugar a dúbidas o que puxo unha nota divertida e de cor á nosa exposición foron os traballos feitos polas familias do noso alumnado, que unha vez máis se volcaron en participar nas actividades "en familia" que propoñemos dende o centro.
Este ano celebramos o Entroido na CASA VERDE de Salcedo,
o que nos permitiu lucir os nosos disfraces e os bailes que tiñamos preparados gracias á nosa profe Raquel.
Mirade ben o ben que nos quedou todo.
Noraboa e grazas a todos e todas: aos responsables da Casa Verde que nos ofreceron este estupendo espazo e nos axudaron en todo, á empresa de buses Rias Baixas que nos levou hasta alá gratis. Aos nosos profes que prepararon todo tan ben, as familias por colaborar coma sempre cos disfraces e sobre todo aos nenos e nenas de Cabanas que se portaron estupendamente.
E agora a desfrutar uns días dun merecido descanso. Se queredes ver máis fotos e un video precioso clicade aquí. e veredes o blogue do 2º ciclo.