Mostrando entradas con la etiqueta 1º CICLO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º CICLO. Mostrar todas las entradas

29.2.20

SALÓN DO LIBRO 2020

Xa temos preparado o noso traballo para o SALÓN DO LIBRO 2020

"COMIDA DIVERTIDA"

porque este ano o salón está adicado ao HUMOR




Podedes ir a velo a partir do día 6 de marzo, e clicando aquí, podedes ver o programa deste ano...
pero por si non podedes aquí tedes unhas imaxes.








24.2.20

ENTROIDO 2020

 Na festa do Entroido pasamolo moi ben. Preparamonos no cole, actuamos na Casa Verde e voltamos ao cole para queimar o Cabanón, despois de recitarlles as coplas feitas por todos.





30.1.20

30 XANEIRO DIA DA PAZ ESCOLAR

A pesar de que  o  tempo non nos acompañou disfrutamos este día
 "CANTANDO TODOS XUNTOS POLA PAZ"




18.12.19

POBOADO NAVIDEÑO DE CABANAS



GRACIAS!!!!
A todas as familias que participaron na elaboración do poboado de Nadal.
Un ano máis superaronse as expectativas e os resultados son excelentes.

Animadevos a visitalo antes do venres.

Bo Nadal


13.5.19

Bo dia a todos e todas.
Queremos enserñarvos o ben que opasamos hoxe no patio.
Como parte do proxecto de dinamización de patios e disfrutando deste día veraniego que tivemos realizamos unha actividade fantástica.
Os nenos máis maiores xogaron cos máis pequenos cos seus xogos favoritos.


20.12.18

A VACINA DO BO TRATO

A VACINA DO BO TRATO

Este curso decidimos xuntar  dúas datas importantes como son os DEREITOS DA INFANCIA  e a celebración do 25 DE NOVEMBRO, DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO e identificar a violencia   como un problema social que podemos previr comprometéndonos a construir unha contorna de paz, bo trato e non violencia.

Unímonos á actividade proposta por UNICEF para celebrar os dereitos da infancia.

Despois de reflexionar sobre a violencia que nos afecta a todos e ben definidos cales son os problemas de violencia, cada clase identificou e elaborou un violentovirus ó que lle puxeron nome.

Despois crearon a vacina coa que aillar o violentovirus e poder loitar e acabar coa violencia no mundo.

Ademais os nenos e nenas acordaron un compromiso e petición sobre a non violencia e o bo trato.




Resultado de imagen de non violencia


















Podedes ver parte do proceso nas aulas de 5º de Infantil AQUÍ.

22.6.18

DOCUMENTAL "AS 7 MARABILLAS DO MUNDO"

Presentámosvos o documental feito por todos os nenos e nenas do cole sobre as 7 marabillas do mundo moderno, despois de facer un exhaustivo traballo de investigación durante o segundo e terceiro trimestre. 

Grazas Pataquiña pola túa colaboración, disfrutamos moito facéndoo. Agardamos que vos guste tanto como a nós facelo.

 

6.3.18

SAIDA TEATRO A FUNDACIÓN

O alumnado de 1º e 2º de Primaria fomos a ver unha obra de teatro chamada
 " GARBANCITO EN LA BARRIGA DEL BUEY  ".
Gustounos moito e pasámolo así de ben.


MUSEO DE PONTEVEDRA

OS NENOS E NENAS DE CABANAS VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA.
NON PARAMOS DE MOVERNOS E FACER ACTIVIDADES SUPERDIVERTIDAS MENTRAS APRENDIAMOS A OBSERVAR AS OBRAS DE ARTE.

22.1.18

VIAXAMOS AS 7 MARABILLAS DO MUNDO

Este ano Pataquiña convidounos a viaxar polo mundo para coñecer "AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO"  e xa estamos en pleno viaxe.
Queredes ver o ben que o pasamos descubrindo estes estupendos monumentos?























Seguide atentos que temos moitas cousas importantes que contar de todo o que descubrimos!

28.11.16

ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA

                           Resultado de imagen de stop ni una menos


O día 25 de Novembro celebramos o día contra a violencia de xénero.
Uns días antes desta data estivemos lendo contos, debatendo e tamén fixemos un mural no que tódolos  neno manifestaron  cun texto e un dibuxo que era para eles a igualdade.

                                     











Pataquiña fixo para vos unha recolección de libros relacionados con esta celebración.
Aquí a deixamos:





Ademais podedes ver estes videos que vos van permitir traballar contra a violencia de xénero.
É un video no que as nenas e nenos explican as razóns polas que rexeitan a violencia de xénero e a necesidade dunha relación de igualdade entre sexos .




E neste podedes ver o conto "Los hombres no pegan", e os pensamentos e aprendizaxes que fai o alumnado despois da súa lectura





Intenta ti agora respostar tamén a estas preguntas:
Que farías se ti foses Álex?
Que farías se  un amigo/a teu estivera sufrindo unha situación de violencia?
Despois de ter escoitada a historia. Que sentiches?