27.11.13

PROPOSTA FIN DE SEMANA

 
 
A próxima fin de semana vaise levar a cabo una nova edición de CULTURGAL, feira das industrias culturais de Galicia.
Haberá moitas actividades para tódalas idades.
Se queredes consultar a páxina do evento  clicade aquí.
 
 

21.11.13

ACTIVIDADES CURSO 2013-2014

 
Si visitades este blogue e non vedes novidades non pensedes que non estamos a traballar.
Os nenos e nenas de Cabanas non paran.
Clicade nas pestanas de cada ciclo (Infantil, 1º ciclo,....Biblioteca, orientación,...) e estaredes ao día de todo!

MAGOSTO 2013

Por certo, por certo..... mirade como bailamos animad@s pola profe María mentres esperábamos a que se asaran as castañas  

2.7.13

FIN DE CURSO 2013

ACTUACIÓNS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DO 2º E 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

5.3.13

SAÍDA VOZ NATURA

Durante este curso , o alumnado de 6º de primaria do noso centro colabora co CEE Juan XXIII, no seu proxecto de Voz Natura  "Montes de hoxe, bosques de mañá".
Entre as actividades que se engloban no proxecto están dúas saídas ao Salgueiral ( Bora).
Na primeira saída, que se realizou o día 20 de febreiro, as nenas e nenos de 6º, xunto con alumnado do Juan XXIII e do IES Xunqueira I, plantaron árbores na zona do Salgueiral e puideron comprobar o crecemento das árbores xa plantadas durante o curso pasado.
Aquí tedes algunha fotos das actividade.


28.2.13

CAMBIOS




Atoparedes moitos cambios no blog esta temporada. Estamos aprendendo moitas cousas e facendo moitas  probas para mellorar.

Esperamos que estes cambios vos gusten.

Non esquezades que os vosos comentarios poden axudarnos moito nesta tarefa.

15.1.13

CONTRATOS PROGRAMA

A Consellería de Educación vén de confirmar que o noso centro foi seleccionado para desenvolver, a partir de xaneiro, os seguintes programas:

1.  CONTRATOS PROGRAMA  (anteriormente chamados PROA: Reforzo, Orientación e Apoio), modalidade de Acompañamento Escolar):

Que é o programa Proa?
É un  programa de Innovación, avalado pola U.E e a Xunta de Galicia. Consiste nun programa de Reforzo, Orientación e Apoio  que  comezará a funcionar, por primeira vez, no Ceip Cabanas-Salcedo este curso.
Trátase dunha  medida de calidade  educativa que ten como finalidade aumentar ó éxito escolar do alumnado, mellorar o rendemento académico dos alumnos, as  expectativas do éxito escolar e previr o fracaso escolar.

A quen está destinado?
Está destinado para o alumnado do segundo ciclo (3º, 4º) e terceiro ciclo (5º, 6º) de  primaria (establecendo  2 grupos). O alumnado é seleccionado polo titor/a tras uns criterios preestablecidos polo propio programa.
Lévase a cabo en horario extraescolar (polas tardes), dúas horas diarias de luns a xoves (2 días cada grupo) , e dura aproximadamente o curso académico.
A actividade é completamente gratuíta para as familias seleccionadas, incluído o transporte ao centro.

Que obxectivos persegue?
Este programa pretende:
  • Potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado
  • Potenciar os hábitos de organización e constancia no traballo.
  • Facilitar a aprendizaxe de técnicas de estudo.
  • Mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura.
  • Facilitar a transición do colexio ó instituto. 
A intención destes programas é que, xunto cos outros que levamos a cabo, mais os impagables esforzos diarios nas aulas, se incremente o nivel da educación dos nenos e nenas, atendendo aos diferentes niveis de partida de cada un.

2. MELLORA DA LECTURA, ESCRITURA E CÁLCULO.
Destinado a todo o alumnado de E.Primaria, que ten como obxectivo  mellorar as competencias básicas do alumnado.
Realizaránse actividades en horario escolar.

18.12.12

ENERXÍA ESCOLAR

NO ANO INTERNACIONAL DAS ENERXÍAS SOSTIBLES TODO O ALUMNADO DO 1º CICLO CONVERTÉMONOS EN INSPECTORES DE ENERXÍA DO COLE.


22.6.12

PRESENTACIÓN FESTIVAL. 3 ANOS A


PRESENTACION FESTIVAL. 3 ANOS B

PRESENTACIÓN FESTIVAL. 5 ANOS

MOSAICO DE FOTOS. 3 ANOS A

VOTAMOS UNHA OLLADA AOS CAMBIOS

VISÍTANOS UNHA FILÓLOGA

PRESENTAMOS A ISABEL (Filóloga) que xunto a un Historiador visitarán o lugar de SALCEDO, para recoller a TOPOGRAFÍA da zona. Co fin de recoller a riqueza das palabras nun libro. Para o cal solicitan a axudas dos maiores da zona. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


21.6.12

PROXECTO DE EXIPTO.2012

UNHA PEQUENA MOSTRA DO NOSO TRABALLO SOBRE EXIPTO.

13.6.12

VIAXE NUNHA DORNA. INFANTIL

Agradecémoslle o seu voluntariado a FERNANDO  e a UXÍO na súa visita ao noso colexio, a cal nos permitíu coñecer parte da nosa tradición marítima.

5.6.12

ENTROIDO 2012

FIXEMOS UN DESFILE CON TODO O COLE

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Personalize a free scrapbook design

FOTOS DE FIN DE ANO

 Fotos previas à Festa de Fin de Ano.