Nesta semana tivemos a visita de Amancio, un colaborador de Vaipolorío, que nos ensinou e contou cousas moi interesantes das setas.
Puidemos coñecer moitas variedades diferentes e tamén algunha velenosa.13.11.16
7.11.16
O SAMAIN DE CABANAS
Xa pasaron uns dias dende o samaín e queremos ensinarvos todo o traballo que fixeron as familias do noso centro. Atopamos cabazas expectaculares.
Moitas gracias familias pola vosa colaboración!!
Entre tódolos alumnos e alumnas do centro decidimos cal de todas estas maravillas era a que máis nos gustaba e o gañador levou un pequeno agasallo.
GAÑADOR Alejandro de 5ºA
Ademais deste concurso, fixemos outras actividades:
Estivemos a inventar os nosos propios monstros e explicamos como son e a que teñen medo eles.
É tivemos sesión de "CINE DE MEDO"
A que foi un samaín fantastico!
Etiquetas:
1º CICLO,
2º CICLO,
3º CICLO,
ACTIVIDADES EN FAMILIA,
BIBLIOTECA,
CONCURSO,
EDLG,
EDUCACIÓN INFANTIL,
SAMAIN
1.2.16
DIA DA PAZ
O Venres día 29 celebramos todos xuntos o día da Paz.
Todos os nenos do cole e coa axuda do profe Gonzalo escribimos e puxemos música a esta bonita canción que fala de igualdade "Xuntos no camiño"
Cantade con nós !!!"
9.6.15
PRINCIPIÑAS E PRINCIPESOS
O noso cole foi un dos que participou durante este curso no
Programa de prevención da violencia de xénero engadido dentro do Proxecto nAmorAndo, feito posible grazas ó apoio e a financiación da Concellería de Asuntos Socias e Iguadade do Concello de Pontevedra e levado a cabo pola psicóloga JONE OJEDA.
Encantados quedamos coa experiencia e co resultado final, un video precioso que nos fai reflexionar a todos e todas.
Se queredes disfrutar del clicade aquí.
Esperamos que vos guste moito.
2.6.15
AVISO IMPORTANTE !!
Si visitades este blogue e non vedes novidades non pensedes que non estamos a traballar.
Os nenos e nenas de Cabanas non paran.
Clicade nas pestanas de cada ciclo (Infantil, 1º ciclo,....Biblioteca, orientación,...) e estaredes ao día de todo!
10.6.14
1º PREMIO PONTENCIENCIA
Estamos moi contestor e orgullosos dos nosos alumnos (e algún profe tamén!) polo 1º premio acadado na modalidade de centros escolares no 1º ano de PONTEENCIENCIA.
5.6.14
PONTENCIENCIA
O ALUMNADO DE 6º DO CEIP DE CABANAS VAI A PARTICIPAR NA FEIRA DA CIENCIA.
ESTAREMOS NA FACULTADE DE FORESTAIS O SÁBADO POLA MAÑÁ.
ANIMADEVOS A VIR E COÑECER O NOSO STAND !!!!
19.12.13
BUZÓN REAL
Con moita pero que moitísima ilusión os nenos e nenas de Cabanas depositaron as súas cartas no buzon real. Seguro que as súas Maxestades de Oriente MELCHOR GASPAR e BALTASAR repartirán en todas as súas casas anaquiños de emoción e felicidade.
PANXOLIÑA DE NADAL
Hoxe todos os nenos e nenas do cole, dirixidos pola profe Aurora cantaron divertidas Panxoliñas de Nadal.
EXPERIMENTOS
O Martes pasado o cole encheuse de ciencia.
A todos nos gustan os experimentos e por eso o
que fixemos foi experimentar con globos, imáns, alimentos.......
A todos nos gustan os experimentos e por eso o
que fixemos foi experimentar con globos, imáns, alimentos.......
27.11.13
PROPOSTA FIN DE SEMANA
A próxima fin de semana vaise levar a cabo una nova edición de CULTURGAL, feira das industrias culturais de Galicia.
Haberá moitas actividades para tódalas idades.
Se queredes consultar a páxina do evento clicade aquí.
Etiquetas:
ACTIVIDADES EN FAMILIA,
ORIENTACIÓN
21.11.13
ACTIVIDADES CURSO 2013-2014
Si visitades este blogue e non vedes novidades non pensedes que non estamos a traballar.
Os nenos e nenas de Cabanas non paran.
Clicade nas pestanas de cada ciclo (Infantil, 1º ciclo,....Biblioteca, orientación,...) e estaredes ao día de todo!
MAGOSTO 2013
Por certo, por certo..... mirade como bailamos animad@s pola profe María mentres esperábamos a que se asaran as castañas
2.7.13
4.6.13
5.3.13
SAÍDA VOZ NATURA
Durante este curso , o alumnado de 6º de primaria do noso centro colabora co CEE Juan XXIII, no seu proxecto de Voz Natura "Montes de hoxe, bosques de mañá".
Entre as actividades que se engloban no proxecto están dúas saídas ao Salgueiral ( Bora).
Na primeira saída, que se realizou o día 20 de febreiro, as nenas e nenos de 6º, xunto con alumnado do Juan XXIII e do IES Xunqueira I, plantaron árbores na zona do Salgueiral e puideron comprobar o crecemento das árbores xa plantadas durante o curso pasado.
Aquí tedes algunha fotos das actividade.
Etiquetas:
3º CICLO,
ARBORES,
EDLG,
PATRIMONIO,
UNESCO
28.2.13
15.1.13
CONTRATOS PROGRAMA
A Consellería de Educación vén de confirmar que o noso centro foi seleccionado para desenvolver, a partir de xaneiro, os seguintes programas:
1. CONTRATOS PROGRAMA (anteriormente chamados PROA: Reforzo, Orientación e Apoio), modalidade de Acompañamento Escolar):
Que é o programa Proa?
É un programa de Innovación, avalado pola U.E e a Xunta de Galicia. Consiste nun programa de Reforzo, Orientación e Apoio que comezará a funcionar, por primeira vez, no Ceip Cabanas-Salcedo este curso.
Trátase dunha medida de calidade educativa que ten como finalidade aumentar ó éxito escolar do alumnado, mellorar o rendemento académico dos alumnos, as expectativas do éxito escolar e previr o fracaso escolar.
A quen está destinado?
Está destinado para o alumnado do segundo ciclo (3º, 4º) e terceiro ciclo (5º, 6º) de primaria (establecendo 2 grupos). O alumnado é seleccionado polo titor/a tras uns criterios preestablecidos polo propio programa.
Lévase a cabo en horario extraescolar (polas tardes), dúas horas diarias de luns a xoves (2 días cada grupo) , e dura aproximadamente o curso académico.
A actividade é completamente gratuíta para as familias seleccionadas, incluído o transporte ao centro.
Que obxectivos persegue?
Este programa pretende:
- Potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado
- Potenciar os hábitos de organización e constancia no traballo.
- Facilitar a aprendizaxe de técnicas de estudo.
- Mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura.
- Facilitar a transición do colexio ó instituto.
A intención destes programas é que, xunto cos outros que levamos a cabo, mais os impagables esforzos diarios nas aulas, se incremente o nivel da educación dos nenos e nenas, atendendo aos diferentes niveis de partida de cada un.
2. MELLORA DA LECTURA, ESCRITURA E CÁLCULO.
Destinado a todo o alumnado de E.Primaria, que ten como obxectivo mellorar as competencias básicas do alumnado.
Realizaránse actividades en horario escolar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































