6.3.11
1.3.11
DíA Da Muller Traballadora
Check out this SlideShare Presentation:
DíA Da Muller Traballadora
View more presentations from guestc9813f.
18.2.11
A BELEZA DAS ÁRBORES
A BELEZA DAS ÁRBORES
Durante este curso escolar estamos a levar a cabo un proxecto
globalizado que ten como centro de interese "AS ÁRBORES".
Coa presentación anterior queremos sobre todo que disfrutedes
de estes seres fantásticos.
17.2.11
Patrimonio de la humanidad 2
Check out this SlideShare Presentation:
Patrimonio de la humanidad 2
View more presentations from cabanassalcedo.
ANO INTERNACIONAL DA QUIMICA

2011, Ano Internacional da Química
A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o ano 2011 como o Ano Internacional da Química . Na súa declaración indica que deste campo da ciencia se espera que proveñan novas solucións para o benestar da humanidade, principalmente as relacionadas coas fontes alternativas de enerxía, saúde e alimentación.
O ano da Química coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie . Esta extraordinaria científica, nada en Polonia e nacionalizada francesa, foi a pioneira na radioactividade, e tamén foi a única muller que recibiu o Nobel de Física (1903) e de Química (1911).

Podes completar esta información clicando no seguinte enlace
DIA DA LINGUA MATERNA

21 de febrero de 2011
Día Internacional da Língua Materna
O Día Internacional da Lingua Materna (DILM) foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1999 co objectivo de promover tódalas línguas do mundo. Ofrece unha oportunidade eficaz de movilización a favor da diversidade lingüística e o do plurilingüismo. O tema de esta edición do DILM é: As tecnoloxías da información e da comunicación para a protección e a promoción das linguas e da diversidade lingüística.
UNESCO Atlas de las Lenguas del Mundo en Peligro destinase a aumentar a conciencia sobre as linguas en perigo e a necesidade de salvagardar a diversidade lingüística do mundo entre os responsabeis políticos, as comunidades de falantes e o público en xeral, e para ser unha ferramenta para monitorear o estado das linguas en perigo de extinción e as tendencias da diversidade lingüística a nivel mundial.
A última edición do Atlas (2010, disponible en Inglés, francés e español de Editorial de la UNESCO ), foi posible gracias o apoio do Goberno de Noruega, e as listas de cerca de 2.500 línguas (entre elas 230 linguas extintas dende 1950), achgándose a estimación xeralmente aceptada-de uns 3.000 en todo o mundo as línguas en perigo. Para cada idioma, a impresión do Atlas proporciona o seu nombre, o grao de perigo e o país ou países onde se fala.
OS GRAOS DE PERIGO DE EXTINCIÓN
A presente edición mostra ós graos de perigo un pouco diferente ás edicións anteriores. A nova terminoloxía basase na UNESCO vitalidade dunha língua e o marco de posta en perigo , que establece seis graos de vitalidade / perigo sobre a base de nove factores. Destos factores, o máis destacado é o da transmisión interxeracional.
Grao de ameaza SEGURA - O idioma falano todalas xeracións.A transmisión entre xeracións é inenterrunpidas.
>> Non incluidos no Atlas
Grao de amenaza VULNERABEIS - A maioría dos nenos falan o idioma, pero pode ser restrinxido a determinados ámbitos (por exemplo, o fogar).
Grao de ameaza DEFINITIVAMENTE EN PERIGO DE EXTINCIÓN - Os nenos non aprenden o idioma como lingua materna no fogar.
Grao de ameaza GRAVEMENTE EN PERIGO DE EXTINCIÓN - O idioma falano os avos e as xeracións maiores, mentras que a xeración dos pais poden entender,pero non llo falan ós nenos nen entre eles mesmos.
Grao de ameaza EN PERIGO CRÍTICO - Os únicos falantes son os avos e maiores, e falan o idioma parcialmente e con pouca frecuencia
EXTENGUIDO - Non hai altavoces esquerdo
>> Incluido no Atlas, si supostamente extinto dende a década de 1950
Versión en liña do atlas da UNESCO
http://www.unesco.org/culture/en/endangeredlanguages/atlas
SABENDO ISTO CONVIDAMOSVOS A REFLEXIONAR
SOBRE A NOSA LINGUA MATERNA O GALEGO
¿EN QUE SITUACION CREES QUE SE ATOPA?
NON PERMITAS QUE ESTO PASE
¡FALA GALEGO!
DEFENDE O NOSO PATRIMONIO CULTURAL
11.2.11
Cabanas en RadioVoz
2.2.11
SALON DO LIBRO 2011
SALON DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2011
A MENTIRA
Este ano o salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra ten como tema A MENTIRA.
O colexio de CABANAS participa como tódolos anos con un traballo estupendo que fixemos entre todos e todas.
Se queres consultar a programación do Salón e moitas cousas mais poden clicar no enlace anterior.
27.1.11
Patrimonio de la humanidad 1
Check out this SlideShare Presentation:
Patrimonio de la humanidad 1
View more presentations from cabanassalcedo.
19.1.11
O Día da PAZ
O día 30 de Xaneiro celebramos o Día da PAZ . Ese día , no ano 1948, morreu Mathama Gandhi , defensor dos pobres e da non violencia. Podes coñecer algo sobre el mirando esta presentación.
14.1.11
25.12.10
RAFAEL UBEDA
No CEIP de Cabanas temos a honra de ter no noso vestíbulo un mural do gran pintor galego Rafael Ubeda.

Se queres saber algo mais de este artista aquí che ofrecemos información sobre a súa biografia, a súa obra e algunhas imaxes da súa obra.

Rafael Úbeda Piñeiro naceu en Pontevedra en 1932.
Atraído pola arte desde cativo, comezou a estudar pintura de cabalete, mural e gravado ó longo do bacharelato, que cursou na súa cidade natal.
En 1956 trasladouse a Madrid, onde fai a carreira de Belas Artes na Escola de San Fernando, onde destacou e obtivo unha bolsa para El Paular como paisaxista. Ó mesmo tempo seguiu os cursos da Escola Nacional de Artes Gráficas.
Entre 1963 e 1964 asistiu en Breda (Holanda), ós cursos da Hoger Akademy St. Joosta, e en Maarsen, no mesmo país, estudou as técnicas calcográficas de Hércules Seghers, xunto ó profesor Willen van Leusden. En 1965 obtivo o gran premio de pintura de Roma, e residiu nesa cidade durante catro anos, na súa etapa de paisaxismo construtivo. Os veráns pasábaos en Ámsterdam, no obradoiro do profesor Flip van der Burgt, integrándose no famoso grupo internacional de gravadores "Zebra". En 1967 foi seleccionado en Milán para realizar un gran mural na basílica da Anunciación, en Nazaret, (Galilea).
Ó seu regreso a España sucedéronse exposicións por todo o estado, e realizou novos murais na Illa da Toxa. Concorreu a certames de gravado, técnica na que destaca. Expuxo en diferentes cidades de Europa e América. Nos Estados Unidos foi moi ben recibido, e alí regresou en 1992, invitado pola cidade de Chicago (Illinois), como único artista español, para celebrar os 25 anos da instalación dunha gran escultura de Picasso na cidade.
Exerceu a docencia, foi catedrático de institutos de segunda ensinanza en Pontevedra, Canarias e Madrid; profesor de Pintura na Escola Superior de Belas Artes de San Jorge; de perspectiva, na de San Fernando de Madrid; de debuxo e Gravado na Superior de Belas Artes de Tenerife; de debuxo na Escola Nacional de Artes Gráficas de Barcelona, e de Pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, desde a súa creación. Tamén impartiu cursos en Francia.
A súa afición á música levouno a adquirir unha sólida formación como executante de violín, ata intervir en concertos de cámara. É doutor en Belas Artes cunha tese sobre a interacción das artes e a música.
A súa obra figura no Museo Provincial de Pontevedra, no de Arte Contemporáneo de Madrid; Managua; Heildelgerg; Museo Carlos Maside de Sada, A Coruña; Huesca; Museo do Pobo Galego, en Compostela; Utrech; Aurich; Norden; Academia de San Fernando, en Madrid, e en numerosas institucións públicas.
Exposicións antolóxicas da súa obra tiveron lugar en Compostela, en 1989; A Coruña e Pontevedra, dúas veces, unha dedicada á pintura, e outra á obra gráfica. Igualmente, no Centro Cultural de Caixavigo, na Coruña e no pazo da Xunta de Galicia en Madrid.
Rafael Úbeda é un artista multiforme. Iniciouse nun paisaxismo de tendencia "fauve". Derivou máis tarde, durante a súa estancia italiana, cara un xeometrismo estrutural, de base cubista e cromatistmo moi quente, con vermellos dominantes, para chegar, á fin, á súa etapa actual, por completo expresionista, de raíz irónica e con idéntica estrutura xeométrica. O dinamismo da súa pintura é unha auténtica explosión de cor, de movemento. Hai nas súas criaturas énfase e deformación deliberada e altamente expresiva. Os seus antecedentes están na tradición, desde as ilustracións prerrománicas dos Beatos de Liébana a Grünewald, Van Gogh ou Picasso.
Outro tanto acontece coa súa obra gravada, cunhas pranchas que requiren unha análise minuciosa para recoñecer a súa condición de debuxante. Está en posesión de numerosos premios e galardóns.

Se queres saber algo mais de este artista aquí che ofrecemos información sobre a súa biografia, a súa obra e algunhas imaxes da súa obra.

Rafael Úbeda Piñeiro naceu en Pontevedra en 1932.Atraído pola arte desde cativo, comezou a estudar pintura de cabalete, mural e gravado ó longo do bacharelato, que cursou na súa cidade natal.

A ESCOLA DAS AREAS
ESTA É UNHA HISTORIA PRECIOSA .
UN ESTUPENDO AGASALLO PARA OS QUE AMAMOS A NOSA LINGUA
http://flocos.tv/curta/a-escola-das-areas/
BO NADAL
BO NADAL E ANO NOVOQUEREMOS FELICITAR O NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE CABANAS.
DESFRUTADE DAS VACACIÓNS E QUE OS REIS MAGOS E O APALPADOR VOS TRAIAN MOITAS COUSAS E TODAS BOAS.
AQUÍ TEDES ALGUNHAS ACTIVIDADES DE NADAL.
FELIZ ANO NOVO
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/index.php
14.12.10
Nenos e nenas do CEIP Cabanas, como a unidade didáctica de ACROSPORT xa está rematada, aquí vos deixo un recordo de todo o que traballáchedes. Espero que o pasarades ben e disfrutasedes desta modalidade deportiva, coa que aprendemos ademais do que é un PORTOR, un ÁXIL, unha AXUDA, os AGARRES... a importancia do traballo en equipo, o respecto as opinións dos demais, e a colaboración e o diálogo que require este tipo de traballos.
9.12.10
O MAGOSTO
A mediados de Novembro celebramos no CEIP Cabanas o Magosto...

Como se ven celebrando todos os anos, en moitos lugares e rincóns da nosa terra, no colexio levamos a cabo o tradicional Magosto. Tamén aprendemos como se celebra noutras rexións de Galicia e Portugal.
O pasado 30 de Novembro tivemos no cole un obradoiro de "Cantos de Reises" no que participamos nenos e nenas, pais, nais e profes.
Algúns compoñentes do grupo de música tradicional "OS CHICHISOS" nos explicaron de onde veñen este tipo de cantos e as partes de que constan:
a ) Pedir permiso para cantar.
b) Cantar.
c) Agradecemento ou queixa (asegún deran ou non aguinaldo).
Todos e todas cantamos con eles e pasamos unha tarde ESTUPENDA!!!
Velaí tedes un recordo desa tarde...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)