28.2.13

CAMBIOS




Atoparedes moitos cambios no blog esta temporada. Estamos aprendendo moitas cousas e facendo moitas  probas para mellorar.

Esperamos que estes cambios vos gusten.

Non esquezades que os vosos comentarios poden axudarnos moito nesta tarefa.

15.1.13

CONTRATOS PROGRAMA

A Consellería de Educación vén de confirmar que o noso centro foi seleccionado para desenvolver, a partir de xaneiro, os seguintes programas:

1.  CONTRATOS PROGRAMA  (anteriormente chamados PROA: Reforzo, Orientación e Apoio), modalidade de Acompañamento Escolar):

Que é o programa Proa?
É un  programa de Innovación, avalado pola U.E e a Xunta de Galicia. Consiste nun programa de Reforzo, Orientación e Apoio  que  comezará a funcionar, por primeira vez, no Ceip Cabanas-Salcedo este curso.
Trátase dunha  medida de calidade  educativa que ten como finalidade aumentar ó éxito escolar do alumnado, mellorar o rendemento académico dos alumnos, as  expectativas do éxito escolar e previr o fracaso escolar.

A quen está destinado?
Está destinado para o alumnado do segundo ciclo (3º, 4º) e terceiro ciclo (5º, 6º) de  primaria (establecendo  2 grupos). O alumnado é seleccionado polo titor/a tras uns criterios preestablecidos polo propio programa.
Lévase a cabo en horario extraescolar (polas tardes), dúas horas diarias de luns a xoves (2 días cada grupo) , e dura aproximadamente o curso académico.
A actividade é completamente gratuíta para as familias seleccionadas, incluído o transporte ao centro.

Que obxectivos persegue?
Este programa pretende:
  • Potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado
  • Potenciar os hábitos de organización e constancia no traballo.
  • Facilitar a aprendizaxe de técnicas de estudo.
  • Mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura.
  • Facilitar a transición do colexio ó instituto. 
A intención destes programas é que, xunto cos outros que levamos a cabo, mais os impagables esforzos diarios nas aulas, se incremente o nivel da educación dos nenos e nenas, atendendo aos diferentes niveis de partida de cada un.

2. MELLORA DA LECTURA, ESCRITURA E CÁLCULO.
Destinado a todo o alumnado de E.Primaria, que ten como obxectivo  mellorar as competencias básicas do alumnado.
Realizaránse actividades en horario escolar.

18.12.12

ENERXÍA ESCOLAR

NO ANO INTERNACIONAL DAS ENERXÍAS SOSTIBLES TODO O ALUMNADO DO 1º CICLO CONVERTÉMONOS EN INSPECTORES DE ENERXÍA DO COLE.


22.6.12

PRESENTACIÓN FESTIVAL. 3 ANOS A


PRESENTACION FESTIVAL. 3 ANOS B

PRESENTACIÓN FESTIVAL. 5 ANOS

MOSAICO DE FOTOS. 3 ANOS A

VOTAMOS UNHA OLLADA AOS CAMBIOS

VISÍTANOS UNHA FILÓLOGA

PRESENTAMOS A ISABEL (Filóloga) que xunto a un Historiador visitarán o lugar de SALCEDO, para recoller a TOPOGRAFÍA da zona. Co fin de recoller a riqueza das palabras nun libro. Para o cal solicitan a axudas dos maiores da zona. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


21.6.12

PROXECTO DE EXIPTO.2012

UNHA PEQUENA MOSTRA DO NOSO TRABALLO SOBRE EXIPTO.

13.6.12

VIAXE NUNHA DORNA. INFANTIL

Agradecémoslle o seu voluntariado a FERNANDO  e a UXÍO na súa visita ao noso colexio, a cal nos permitíu coñecer parte da nosa tradición marítima.

5.6.12

ENTROIDO 2012

FIXEMOS UN DESFILE CON TODO O COLE

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Personalize a free scrapbook design

FOTOS DE FIN DE ANO

 Fotos previas à Festa de Fin de Ano.

2.6.12

7 FALARES

Todos e todas, nenos e nenas, pícaros e grandes
disfrutamos algunha vez , ou moitas veces, escoitando unha boa historia
contada por alguén que sabe facelo.
Contar contos  é unha actividade para facer en familia.

Nenos e  adultos podemos gozar coma nunca escoitando a verdadeiros contadores de contos.
En Pontevedra, xurdiu unha iniciativa maravillosa que grazas a   "Pavís, Pavós"
podemos divertirnos todos e todas
por que o programa que nos presentan é expectacular, variado, entretido.....
Será a próxima fin de semana.
Se queredes mais información clicade aqui, na súa conta de  facebook, onde ademáis podedes consultar o programa de actividades.

¡ NON O PODEDES PERDER!

1.6.12

BADALADAS 2011

DESPEDIMOS O 2011 E CELEBRAMOS O 2012

PREPARÁMONOS PARA A FESTA

DESPEDIMOS O 2011 E DÁMOSLLE A BENVIDA AO 2012.

31.5.12

O ENTROIDO DA MEDO

AS BRUXAS E BRUXOS DE CABANAS DAN MEEEEDOOOOO! O ENTROIDO DA MEDO on PhotoPeach

ACTIVIDADES, EXCURSION...6ºINFANTIL

ESPEREMOS QUE VOS GUSTE 6º INFANTIL on PhotoPeach

29.5.12