4.6.13
5.3.13
SAÍDA VOZ NATURA
Durante este curso , o alumnado de 6º de primaria do noso centro colabora co CEE Juan XXIII, no seu proxecto de Voz Natura "Montes de hoxe, bosques de mañá".
Entre as actividades que se engloban no proxecto están dúas saídas ao Salgueiral ( Bora).
Na primeira saída, que se realizou o día 20 de febreiro, as nenas e nenos de 6º, xunto con alumnado do Juan XXIII e do IES Xunqueira I, plantaron árbores na zona do Salgueiral e puideron comprobar o crecemento das árbores xa plantadas durante o curso pasado.
Aquí tedes algunha fotos das actividade.
Etiquetas:
3º CICLO,
ARBORES,
EDLG,
PATRIMONIO,
UNESCO
28.2.13
15.1.13
CONTRATOS PROGRAMA
A Consellería de Educación vén de confirmar que o noso centro foi seleccionado para desenvolver, a partir de xaneiro, os seguintes programas:
1. CONTRATOS PROGRAMA (anteriormente chamados PROA: Reforzo, Orientación e Apoio), modalidade de Acompañamento Escolar):
Que é o programa Proa?
É un programa de Innovación, avalado pola U.E e a Xunta de Galicia. Consiste nun programa de Reforzo, Orientación e Apoio que comezará a funcionar, por primeira vez, no Ceip Cabanas-Salcedo este curso.
Trátase dunha medida de calidade educativa que ten como finalidade aumentar ó éxito escolar do alumnado, mellorar o rendemento académico dos alumnos, as expectativas do éxito escolar e previr o fracaso escolar.
A quen está destinado?
Está destinado para o alumnado do segundo ciclo (3º, 4º) e terceiro ciclo (5º, 6º) de primaria (establecendo 2 grupos). O alumnado é seleccionado polo titor/a tras uns criterios preestablecidos polo propio programa.
Lévase a cabo en horario extraescolar (polas tardes), dúas horas diarias de luns a xoves (2 días cada grupo) , e dura aproximadamente o curso académico.
A actividade é completamente gratuíta para as familias seleccionadas, incluído o transporte ao centro.
Que obxectivos persegue?
Este programa pretende:
- Potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado
- Potenciar os hábitos de organización e constancia no traballo.
- Facilitar a aprendizaxe de técnicas de estudo.
- Mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura.
- Facilitar a transición do colexio ó instituto.
A intención destes programas é que, xunto cos outros que levamos a cabo, mais os impagables esforzos diarios nas aulas, se incremente o nivel da educación dos nenos e nenas, atendendo aos diferentes niveis de partida de cada un.
2. MELLORA DA LECTURA, ESCRITURA E CÁLCULO.
Destinado a todo o alumnado de E.Primaria, que ten como obxectivo mellorar as competencias básicas do alumnado.
Realizaránse actividades en horario escolar.
18.12.12
ENERXÍA ESCOLAR
NO ANO INTERNACIONAL DAS ENERXÍAS SOSTIBLES TODO O ALUMNADO DO 1º CICLO CONVERTÉMONOS EN INSPECTORES DE ENERXÍA DO COLE.
17.12.12
22.6.12
VISÍTANOS UNHA FILÓLOGA
PRESENTAMOS A ISABEL (Filóloga) que xunto a un Historiador visitarán o lugar de SALCEDO, para recoller a TOPOGRAFÍA da zona. Co fin de recoller a riqueza das palabras nun libro. Para o cal solicitan a axudas dos maiores da zona. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
21.6.12
13.6.12
VIAXE NUNHA DORNA. INFANTIL
Agradecémoslle o seu voluntariado a FERNANDO e a UXÍO na súa visita ao noso colexio, a cal nos permitíu coñecer parte da nosa tradición marítima.
5.6.12
2.6.12
7 FALARES
Todos e todas, nenos e nenas, pícaros e grandes
disfrutamos algunha vez , ou moitas veces, escoitando unha boa historia
contada por alguén que sabe facelo.
contada por alguén que sabe facelo.
Contar contos é unha actividade para facer en familia.
Nenos e adultos podemos gozar coma nunca escoitando a verdadeiros contadores de contos.
En Pontevedra, xurdiu unha iniciativa maravillosa que grazas a "Pavís, Pavós"
podemos divertirnos todos e todas
por que o programa que nos presentan é expectacular, variado, entretido.....
Será a próxima fin de semana.
Se queredes mais información clicade aqui, na súa conta de facebook, onde ademáis podedes consultar o programa de actividades.
¡ NON O PODEDES PERDER!
¡ NON O PODEDES PERDER!
1.6.12
31.5.12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


