20.3.11

DIA MUNDIAL DA POESIA


DIA MUNDIAL DA POESíA

Estos días celébrase o dia mundial da poesía . Nos querémonos unir a tal acontecemento propoñendo varias actividades.
5 MOTIVOS PARA LER POESÍA
  1. A poesía non morde, non fai dano e, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin cursi, nin dificil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos.
  2. A poesía seve para ler, cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, declararse contra o mundo ou unicamente para falar suave á orella. Tamén é un somnifero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar, e relaxa as persoas. E serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no diccionario.
  3. Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo: para sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza maís fria, ou deixalos sobre a cama para lelos pola noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. Ademais, a poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os pés planos, os enfados, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, a ansiedade e algunhas gripes.
  4. A poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa, na moto, no vater, na esperanza, na rutina, nas cousas persoais, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no teu barrio, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras.
  5. O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala senón saber gozala, sentila e intuila. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesia un pracer.

FRAN ALONSO

Para celebrar o día da poesía 2007.

NO APARTADO DE ACTIVIDADES PROPOÑEMOS ALGUNHAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.