14.2.12

Seis alumnos e alumnas de 6º e nove do 1º ciclo de primaria representaron á nosa escola no IV Encontro Galego de Escolas UNESCO os días 9,10 e 11 de febreiro celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra.
O alumnado de 6º, dentro do ámbito da sostenibilidade , presentou un traballo sobre o reciclado do papel e a reutilización doutros materiais explicando todo o proceso e amosando os resultados dos seus traballos.
O alumnado do 1º Ciclo traballou dende o curso pasado o patrimonio inmaterial e industrial relacionado cos muiños de auga e o ciclo do millo e alí  espuxeron os resultados do aprendido con moita seguridade, minuciosidade e non pouca gracia.
As familias colaboraron acollendo nas súas casas a nen@s dos IES de As Neves (Pazo da Mercé) e Ponteareas (Pedra da Auga)
A experiencia resultou moi positiva como quedou reflectido nas conclusións do Congreso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.