Os pasados xoves 14 e venres 15 de novembro celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra o VIII Congreso das Escolas Asociadas UNESCO.
Como representación do noso cole foron os alumnos e alumnas de 4º de E.Primaria.
Expuxemos os nosos traballos
Na presentación do encontro xunto coas autoridades, concelleira de cultura Carmen Fouces, e as coordinadoras galega e estatal das Escolas Unesco estiveron Nerea do Ceip San Bieito de Lerez e Nico Barreiro do Ceip de Cabanas.
E antes do descanso disfrutamos dun concerto da orquesta do conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra, e do alumnado do Cole de Lisboa invitado ao Congreso, que foi unha das actividades que máis gustou.
A continuación cada un das escolas participantes fixeron as súas presentacións. E os nosos nenos fixeronno de 10.
Despois de comer e descansar un ratiño, comenzamos os talleres, polo que nos dividimos por grupos e disfrutamos de actividades variadas, todas elas coa finalidade de traballar un dos obxectivos ODS.
Algunhas familias foron acolledoras de nenos de outros centros que quedaron a durmir hasta o día seguinte. GRACIASSS!!!
O venres despois de facer asambleas por talleres e valorar as cousas máis positivas e negativas e chegar a conclusións expuxémolas de novo para todos. E recibimos un diploma por participar.
Rematamos co baile de "DESPLASTIFICATE", coa música feita polo conservatorio de Redondela.
Este curso decidimos xuntar dúas datas importantes como son os DEREITOS DA INFANCIA e a celebración do 25 DE NOVEMBRO, DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO e identificar a violencia como un problema social que podemos previr comprometéndonos a construir unha contorna de paz, bo trato e non violencia.
Unímonos á actividade proposta por UNICEF para celebrar os dereitos da infancia.
Despois de reflexionar sobre a violencia que nos afecta a todos e ben definidos cales son os problemas de violencia, cada clase identificou e elaborou un violentovirus ó que lle puxeron nome.
Despois crearon a vacina coa que aillar o violentovirus e poder loitar e acabar coa violencia no mundo.
Ademais os nenos e nenas acordaron un compromiso e petición sobre a non violencia e o bo trato.
Podedes ver parte do proceso nas aulas de 5º de Infantil AQUÍ.
O día 25 de Novembro celebramos o día contra a violencia de xénero.
Uns días antes desta data estivemos lendo contos, debatendo e tamén fixemos un mural no que tódolos neno manifestaron cun texto e un dibuxo que era para eles a igualdade.
Pataquiña fixo para vos unha recolección de libros relacionados con esta celebración. Aquí a deixamos:
Ademais podedes ver estes videos que vos van permitir traballar contra a violencia de xénero. É un video no que as nenas e nenos explican as razóns polas que rexeitan a violencia de xénero e a necesidade dunha relación de igualdade entre sexos .
E neste podedes ver o conto "Los hombres no pegan", e os pensamentos e aprendizaxes que fai o alumnado despois da súa lectura
Intenta ti agora respostar tamén a estas preguntas: Que farías se ti foses Álex? Que farías se un amigo/a teu estivera sufrindo unha situación de violencia? Despois de ter escoitada a historia. Que sentiches?