1.12.11

Visita aos Muíños da Cancela.



O pasado luns 29 de novembro, visitamos os muíños da Cancela que están restaurados e en funcionamento. Aprendemos moitas cousas grazas ás explicacións que nos deron dous veciños de Salcedo.



No primeiro muíño, Ramón Laxe, da asociación Vaipolorrío, explicounos todo o proceso da muiñada, dende que a auga entra no inferno e move o rodicio, ata que sae a fariña ben triturada pola moa.



Ademais, todos puidemos debullar mazarocas de millo. Por todo isto dámoslles as grazas aos nosos informadores pola súa colaboración desinteresada.



Nas fotos que poñemos a continuación podedes ver o ben que o pasamos e o que fixemos.



Aprendemos moito e divertímonos máis.

1.7.11

resumo 3º trimestre

Na recta final deste curso fixemos todas estas actividades que aquí vedes e algunhas máis. Esperamos que os que nos visitades neste blog pasedes tan bós momentos véndonos coma nós facéndoas e...ata o curso que ven!!!

24.6.11

ATLETISMO

O pasado Sábado 18 de Xuño celebrouse o tradicional "Cross do CEIP Vilaverde", donde os e as alumnos/as do CEIP de Cabanas obtiveron uns magníficos resultados. A expedición dos de Salcedo estivo formada polos seguintes atletas:
  • 3 anos: Emma, Sara, Rubén e Ismael.
  • 4 anos: Paula e Pablo Farto.
  • 5 anos: Gema e Victoria.
  • Pre-benxamín: Laura, Rubén, Álvaro, Sergio, Nicolás, Marcos, Martín e Adrián Gómez.
  • Benxamín: Noa, Xoana, Juan Luis e Alfonso.
  • Alevín: Carla Vázquez.
Todos eles deron o mellor de sí e o público asistente soubo agradecer o seu esforzo cun merecido aplauso cando cruzaron a liña de meta. Parabéns CAMPIÓNS!!


23.6.11

Explicacións de Jaime Blanco.

O especialista Jaime Blanco, autor do libro " Pontevedra, as árbores da cidade" estivo no cole cos nenos e nenas do 3º Ciclo, falando sobre as árbores que temos no patio. Dende aquí, dámoslle de novo as grazas polas súas explicacións.
Este é o álbum de fotos da visita


22.6.11

Xogos de sempre

Aquí tedes un novo exemplar do que podedes disfrutar na biblioteca do cole. É un traballo de escolma e recopilación dos nenos e nenas de 2º e 3º ciclos, dos xogos aos que xogaban as vosas avoas e avós, nais e pais... e que aínda hoxe en día seguides practicando con igual ilusión que eles facían antano. Cando esteades no patio aburridos lembrade que hai xogos populares que podedes empregar para pasar un bo rato, sen necesidade de mercar nada, nin de espazo para practicalos... só precisades a vosa imaxinación e gañas de pasalo moi ben!!!

20.6.11

Libro: O Bosque.


No ano adicado aos bosques, o alumnado de 2º de Primaria fixo este libro de investigación e creación.

16.6.11

SELECCIONADOS "Volta Ciclista Junior"

Queridos nenos e nenas, logo de tanto agardar chegou o momento de publicar a relación dos alumnos e alumnas seleccionadas para participar na Volta Ciclista Junior do 1 de setembro.
A boa noticia é que en vez de 8, poderán participar 12 nen@s!!!!

Noraboa a todos os seleccionados e disfrutade da experiencia. Os demais non perderemos ningún detalle dende o público...

01- PACHECO LÓPEZ, XOANA. (3º)
02- LOUREIRO VIEITEZ, LORENA. (4º)
03- PORTELA MARTIÑÁ, IAGO. (5º)
04- COUSO JANEIRO, SARA. (6º)
05- ACUÑA VILLANUEVA, FRANCISCO. (6º)
06- CORTÉS VIDAL, ALBA MARÍA. (5º)
07- LÓPEZ CARABELOS, ALEXANDER. (4º)
08- GALLEGO BUCETA, ANDRÉ. (3º)
09- JUSTO LOPE, ESTELA. (5º)
10- PÉREZ SANTOS, JUAN LUIS. (4º)
11- PAZOS GALLEGO, CARLA. (6º)
12- DOMÍNGUEZ CRESPO, ANDRÉS. (6º)

15.6.11

Viaxe ao centro de Cerceda

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo pasamos o día de onte no parque acuático de Cerceda, xa que a viaxe foi un dos premios recibidos pola participación, esforzo e traballo dos rapaces de 6º no programa radiofónico "ECO-Voz".
Ademais aproveitamos esta viaxe para despedir o curso, e para que os nenos e nenas de 5º tomasen o relevo coma os "alumnos maiores" do colexio de cara ao vindeiro curso académico. Foi un día moi divertido a pesares da climatoloxía, que non nos acompañou moito, pero pasámolo xenial!

Tamén queremos agradecer aos pais que nos acompañaron a súa colaboración.

14.6.11

Nenos e nenas: aquí tedes o resultado das sesións de ciclismo. A xulgar polas fotos parece que o pasáchedes realmente ben!!!



Seguide visitando o blogue, porque cando teñamos a lista de seleccionad@s para o 1 de setembro, aparecerá publicado aquí mesmo...

31.5.11

A VOLTA A ESPAÑA PASA POR CABANAS...


Esta semana (do 30 de Maio ao 3 de Xuño), estamos contando coa presenza nas clases de Educación Física dun ex-ciclista profesional, e veciño de Tui, que o ano pasado participou na Volta a España co equipo "Xacobeo Galicia": Gustavo Rodríguez; e da triatleta lucense Aida Valiño que competiu coas seleccións de Galicia e España a nivel nacional e internacional.
O obxectivo non é outro que dar a coñecer o ciclismo entre os mais novos co gallo do paso da Volta a España pola cidade de Pontevedra o 1 de Setembro. Os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo recibiremos dúas sesións, unha teórica e outra práctica (coa realización dunha gymnkana). De entre todos seleccionarán a 8 nen@s, para que, xunto cos outros nenos e nenas selecionados doutros centros, fagan unha "minietapa" de 2 km antes do remate da etapa do 1 de Setembro.
Veremos o resultado destas sesións nos vindeiros días, ESTADE ATENT@S...

15.5.11

O noso liquidámbar








Así estiveron estudando o liquidámbar que temos no patio do cole os nenos e nenas de 2º.

23.4.11

DIA DO LIBRO

DIA DO LIBRO 2011


¡¡¡ Disfrutade dun libro, de calquera libro !!!

Cicla nso seguintes enlaces e disfruta.
















12.4.11

Os Bosques en Galicia

A Unesco estableceu este ano 2011 como "ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES". En Galicia temos unha gran riqueza de especies arbóreas autóctonas e outras que viñeron de fóra e se adaptaron moi ben ao noso medio. Para coñecer un pouco máis dos bosques galegos e os seus habitantes, consultade este libro.





5.4.11

RELATOS SOBRE OS VALORES DO DEPORTE

Ben rapaces e rapazas...

Como remate á unidade didáctica "Educación, Deporte e Valores", pedinvos que fixesedes un conto no que se poidese apreciar algún dos valores que nos paneis podiamos observar.

O resultado foi moi positivo!! Recibín moitos e moi bos traballos (tamén outros que habería que revisar...), polo que a selección dos que se incluirían neste libro foi moi complicada.

Así que os que non resultáchedes seleccionados non vos desanimedes porque houbo moi bos traballos!!

Aquí tedes o froito do voso esforzo, NORABOA!!





4.4.11

GLORIA SÁNCHEZ


Dende o Equipo da Biblioteca, presentámosvos o tríptico que elaboramos para que teñades a man unha completa guía de lectura da autora á que este ano se lle adica o Salón do Libro.

Os exemplares que nela se recollen, a nosa mascota Pataquiña ponos a vosa disposición na Biblioteca do cole. Animádevos a visitala!!!

20.3.11

DIA MUNDIAL DA POESIA


DIA MUNDIAL DA POESíA

Estos días celébrase o dia mundial da poesía . Nos querémonos unir a tal acontecemento propoñendo varias actividades.
5 MOTIVOS PARA LER POESÍA
  1. A poesía non morde, non fai dano e, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin cursi, nin dificil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos.
  2. A poesía seve para ler, cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, declararse contra o mundo ou unicamente para falar suave á orella. Tamén é un somnifero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar, e relaxa as persoas. E serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no diccionario.
  3. Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo: para sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza maís fria, ou deixalos sobre a cama para lelos pola noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. Ademais, a poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os pés planos, os enfados, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, a ansiedade e algunhas gripes.
  4. A poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa, na moto, no vater, na esperanza, na rutina, nas cousas persoais, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no teu barrio, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras.
  5. O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala senón saber gozala, sentila e intuila. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesia un pracer.

FRAN ALONSO

Para celebrar o día da poesía 2007.

NO APARTADO DE ACTIVIDADES PROPOÑEMOS ALGUNHAS