Mostrando entradas con la etiqueta IGUALDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IGUALDADE. Mostrar todas las entradas

18.12.19

BAIXO O MESMO PARAUGAS

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



Para celebrar o día internacional das persoas con discapacidade   , 
este ano tivemos a sorte de ter a visita dos  nen@s do colexio Juan XXIII 
para facer cos  nen@s de 5º de Primaria do noso cole  un taller 
no que todos xuntos decoraron  paraugas que simbolizaban o lema dese día
   TODOS BAIXO UN MESMO PARAUGAS.
Foi unha experiencia moi bonita ver como traballaban en equipo 
e se axudaban.


Ademais desa actividade tamén fixemos un puzzle xigante 
coa colaboración de tódalas clases àportando unha peza que falaba
 de inclusión e de colaboración.



25.11.19

DEREITOS DA INFANCIA - 25 NOVEMBRO.

Hoxe 25 de novembro celebrase o día da violencia contra as mulleres.
Manifestarse en contra da violencia de xénero é respectar os dereitos de todas as persoas.
E o alumnado de Cabanas   manifesta así como traballamos pola Igualdade e como rechazamos todo tipo de violencia.
Gozade coa nosa particular posta en escea con este
"mannequin challenge"



28.11.16

ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA

                           Resultado de imagen de stop ni una menos


O día 25 de Novembro celebramos o día contra a violencia de xénero.
Uns días antes desta data estivemos lendo contos, debatendo e tamén fixemos un mural no que tódolos  neno manifestaron  cun texto e un dibuxo que era para eles a igualdade.

                                     











Pataquiña fixo para vos unha recolección de libros relacionados con esta celebración.
Aquí a deixamos:





Ademais podedes ver estes videos que vos van permitir traballar contra a violencia de xénero.
É un video no que as nenas e nenos explican as razóns polas que rexeitan a violencia de xénero e a necesidade dunha relación de igualdade entre sexos .




E neste podedes ver o conto "Los hombres no pegan", e os pensamentos e aprendizaxes que fai o alumnado despois da súa lectura





Intenta ti agora respostar tamén a estas preguntas:
Que farías se ti foses Álex?
Que farías se  un amigo/a teu estivera sufrindo unha situación de violencia?
Despois de ter escoitada a historia. Que sentiches?