O alumnado de E.Infantil non ten obriga de facer tarefas escolares, pero é importante que manteñan unha rutina.
As profes traballan para darvos ideas e orientacións de como facelo e no FARO DE VIGO pulicaron este artigo que está moi ben e creo que vos pode axudar.
Seguramente estaredes saturados de propostas de actividades para facer dende a casa porque polas redes sociais aparecen actividades divertidas e estupendas.
Pero quería recomendarvos unha páxina, que non solo ten propostas de actividades se non tamén artigos moi interesantes e variados convertendose nunha estupenda escola de familias.
levamos unha semana confinados na casa, e aínda que xa queda menos, a carreira que temos que correr é de fondo.
Dende a páxina web do centro e das aulas virtuais estamos realizando propostas para interrumpir o menos posible o proceso de aprendizaxe do noso alumnado.
Non sabemos que vai a pasar porque esta situación é completamente anormal.
Temos moitas preocupacións, de saúde, dos nosos familiares que non están connosco, de incertidumbre, de traballo,...
Somos conscientes que as familias con nenxs pequenxs estades a pasar momentos dificiles polo que vos mandamos outra proposta de actividade.
Creo que pode ser interesante para os nenxs pero tamén para os papás e mamás, sobre todo nestes días nos que seguramente temos un sobreexceso de pantallas.
Pronto volveremos a ter o patio do centro cheo de risas e de xogos
UNHA APERTA E MOITO ÁNIMO PERO SOBRE TODO SAÚDE PARA TODXS.
Na festa do Entroido pasamolo moi ben. Preparamonos no cole, actuamos na Casa Verde e voltamos ao cole para queimar o Cabanón, despois de recitarlles as coplas feitas por todos.
Onte, 17 de decembro, o escritor Xosé A. Perozo , estivo no cole cos nen@s de 5º e 6º de Primaria que estiveron traballando na semana escolar DO CAMIÑO DE SANTIAGO.
As aventuras da ECOPANDA gustáronnos moito e por eso seguiremos colaborando para resolver novos misterios.
Antes de marchar fixo un regalo para a biblioteca Estamos desexando leelo xa. MOITAS GRAZAS
Os pasados xoves 14 e venres 15 de novembro celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra o VIII Congreso das Escolas Asociadas UNESCO.
Como representación do noso cole foron os alumnos e alumnas de 4º de E.Primaria.
Expuxemos os nosos traballos
Na presentación do encontro xunto coas autoridades, concelleira de cultura Carmen Fouces, e as coordinadoras galega e estatal das Escolas Unesco estiveron Nerea do Ceip San Bieito de Lerez e Nico Barreiro do Ceip de Cabanas.
E antes do descanso disfrutamos dun concerto da orquesta do conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra, e do alumnado do Cole de Lisboa invitado ao Congreso, que foi unha das actividades que máis gustou.
A continuación cada un das escolas participantes fixeron as súas presentacións. E os nosos nenos fixeronno de 10.
Despois de comer e descansar un ratiño, comenzamos os talleres, polo que nos dividimos por grupos e disfrutamos de actividades variadas, todas elas coa finalidade de traballar un dos obxectivos ODS.
Algunhas familias foron acolledoras de nenos de outros centros que quedaron a durmir hasta o día seguinte. GRACIASSS!!!
O venres despois de facer asambleas por talleres e valorar as cousas máis positivas e negativas e chegar a conclusións expuxémolas de novo para todos. E recibimos un diploma por participar.
Rematamos co baile de "DESPLASTIFICATE", coa música feita polo conservatorio de Redondela.
Este ano, coma sempre no cole de CABANAS fixemos unha morea de actividades.
Comezxando por decorar o noso cole
Un mural cheo de mans de MEDOOO!!!!
En PATATEKA selecionamos uns estupendos libros de medo
Fixemos "Acronimos" coas letras de SAMAIN
Coma sempre as familias colaboraron con unhas cabazas decoradas do máis orixinais e traballadas, e nos encantanos estas actividades en familia e este ano chegamos a case 150 cabazas!!!
Os 15 máis votados polo alumnado participaron nun taller de maquillaxe espectacular
Pero o mellor deste ano foi a decoración das portas das aulas. Aquí profes e alumnos e alumnas superaronse!!