Este ano celebramos o Entroido na CASA VERDE de Salcedo,
o que nos permitiu lucir os nosos disfraces e os bailes que tiñamos preparados gracias á nosa profe Raquel.
Mirade ben o ben que nos quedou todo.
Noraboa e grazas a todos e todas: aos responsables da Casa Verde que nos ofreceron este estupendo espazo e nos axudaron en todo, á empresa de buses Rias Baixas que nos levou hasta alá gratis. Aos nosos profes que prepararon todo tan ben, as familias por colaborar coma sempre cos disfraces e sobre todo aos nenos e nenas de Cabanas que se portaron estupendamente.
E agora a desfrutar uns días dun merecido descanso. Se queredes ver máis fotos e un video precioso clicade aquí. e veredes o blogue do 2º ciclo.
Como cada ano queremos agradecer a colaboración das familias dos nosos nenos e nenas posto que, coma sempre, a participación nas actividades propostas foi increible.
Para que vexades as maravillas de traballos que nos presentaron vos mostramos unha mostra delas
Espero que disfrutarades facendo esta actividade en familia tanto coma nos disfrutamos desta extraordinaria exposición.
e para recordalo despois de recordalos na clase, fixemos un mural no que cada neno e nena expresou cun debuxo o dereito que lle parece máis importante ou significativo.