20.12.18

CHARLA SOBRE DISCAPACIDADE INTELECTUAL

A pasada semana recibimos no cole aos compañeiros do centro "JUAN XXIII".
Este centro que escolariza alumnado con discapacidade intelectual está moi preto de nos, a penas a 5 minutos pero era un gran descoñecido para o noso alumnado.
A partir de agora coñecemos a gran labor que fan mellorando sempre as condicións de vida das persoas con discapacidade intelectual.

Fixeronnos saber o que precisan, o que esperan da sociedade que non é outra cousa que 

NORMALIDADE!!!!




A VACINA DO BO TRATO

A VACINA DO BO TRATO

Este curso decidimos xuntar  dúas datas importantes como son os DEREITOS DA INFANCIA  e a celebración do 25 DE NOVEMBRO, DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO e identificar a violencia   como un problema social que podemos previr comprometéndonos a construir unha contorna de paz, bo trato e non violencia.

Unímonos á actividade proposta por UNICEF para celebrar os dereitos da infancia.

Despois de reflexionar sobre a violencia que nos afecta a todos e ben definidos cales son os problemas de violencia, cada clase identificou e elaborou un violentovirus ó que lle puxeron nome.

Despois crearon a vacina coa que aillar o violentovirus e poder loitar e acabar coa violencia no mundo.

Ademais os nenos e nenas acordaron un compromiso e petición sobre a non violencia e o bo trato.




Resultado de imagen de non violencia


















Podedes ver parte do proceso nas aulas de 5º de Infantil AQUÍ.

DIA DA DISCAPACIDADE





O día 3 de Decembro é o día internacional das persoas con discapacidade.
Os nenos e nenas de educación infantil quixeron sensibilizarse e apoiar coa elaboración deste video os dereitos de todos eles.

DEFENDAMOS A DIVERSIDADE!!!!

MAGOSTO

O venres celebramos no cole a gran festa do Magosto! É un día moi especial, porque son os nenos e nenas maiores do último curso da Primaria quen organizan xogos populares para todos os públicos. Este ano, ademais dos xa clásicos zancos, circuito de obstáculos, bolos, o tragacastaña ou a mariola, tamén houbo obradoiro de maquillaxe e baile. Menudo éxito! 

Tamén fixemos merendola de castañas asadas, puxémonos as botas! E co bo día de sol que fixo gozouse da mellor maneira posible, ata houbo baile libre despois da castañada. Desexando repetir para o ano! Deixámovos algunhas fotografías para que vexades como o desfrutamos.


Maquillaxe



Xogo de baile


 Outros xogos


Á rica castaña


Todas as fotografías dispoñibles neste enlace.