17.3.11

EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES

O Colexio de Cabanas foi un dos 90 centros educativos de toda Galicia seleccionados para a exposición dunha Unidade Didáctica denominada "Educación, deporte e valores", que se atopa dentro do programa XOGADE que promove a Secretaría Xeral para o Deporte.

Toda a comunidade educativa do CEIP de Cabanas poderá disfrutar desta mostra, coa que poderán identificar e debater acerca de valores como o traballo en equipo, a deportividade, o esforzo, o xogo limpo, a tolerancia ou a superación persoal a través dos 17 paneis que conforman a actividade. Esta mostra permanecerá no colexio dende o 17 ao 23 de Marzo de 2011.

Deste xeito, nenos e nenas (e tamén os maiores), poderemos comprobar que os valores do deporte que nela se nos mostran, son tamén aplicables ao resto dos ámbitos da vida persoal e profesional. Disfrutade dela!!!