25.12.10

RAFAEL UBEDA

No CEIP de Cabanas temos a honra de ter no noso vestíbulo un mural do gran pintor galego Rafael Ubeda.


Se queres saber algo mais de este artista aquí che ofrecemos información sobre a súa biografia, a súa obra e algunhas imaxes da súa obra.




Rafael Úbeda Piñeiro naceu en Pontevedra en 1932.
Atraído pola arte desde cativo, comezou a estudar pintura de cabalete, mural e gravado ó longo do bacharelato, que cursou na súa cidade natal.
En 1956 trasladouse a Madrid, onde fai a carreira de Belas Artes na Escola de San Fernando, onde destacou e obtivo unha bolsa para El Paular como paisaxista. Ó mesmo tempo seguiu os cursos da Escola Nacional de Artes Gráficas.
Entre 1963 e 1964 asistiu en Breda (Holanda), ós cursos da Hoger Akademy St. Joosta, e en Maarsen, no mesmo país, estudou as técnicas calcográficas de Hércules Seghers, xunto ó profesor Willen van Leusden. En 1965 obtivo o gran premio de pintura de Roma, e residiu nesa cidade durante catro anos, na súa etapa de paisaxismo construtivo. Os veráns pasábaos en Ámsterdam, no obradoiro do profesor Flip van der Burgt, integrándose no famoso grupo internacional de gravadores "Zebra". En 1967 foi seleccionado en Milán para realizar un gran mural na basílica da Anunciación, en Nazaret, (Galilea).
Ó seu regreso a España sucedéronse exposicións por todo o estado, e realizou novos murais na Illa da Toxa. Concorreu a certames de gravado, técnica na que destaca. Expuxo en diferentes cidades de Europa e América. Nos Estados Unidos foi moi ben recibido, e alí regresou en 1992, invitado pola cidade de Chicago (Illinois), como único artista español, para celebrar os 25 anos da instalación dunha gran escultura de Picasso na cidade.
Exerceu a docencia, foi catedrático de institutos de segunda ensinanza en Pontevedra, Canarias e Madrid; profesor de Pintura na Escola Superior de Belas Artes de San Jorge; de perspectiva, na de San Fernando de Madrid; de debuxo e Gravado na Superior de Belas Artes de Tenerife; de debuxo na Escola Nacional de Artes Gráficas de Barcelona, e de Pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, desde a súa creación. Tamén impartiu cursos en Francia.
A súa afición á música levouno a adquirir unha sólida formación como executante de violín, ata intervir en concertos de cámara. É doutor en Belas Artes cunha tese sobre a interacción das artes e a música.
A súa obra figura no Museo Provincial de Pontevedra, no de Arte Contemporáneo de Madrid; Managua; Heildelgerg; Museo Carlos Maside de Sada, A Coruña; Huesca; Museo do Pobo Galego, en Compostela; Utrech; Aurich; Norden; Academia de San Fernando, en Madrid, e en numerosas institucións públicas.
Exposicións antolóxicas da súa obra tiveron lugar en Compostela, en 1989; A Coruña e Pontevedra, dúas veces, unha dedicada á pintura, e outra á obra gráfica. Igualmente, no Centro Cultural de Caixavigo, na Coruña e no pazo da Xunta de Galicia en Madrid.
Rafael Úbeda é un artista multiforme. Iniciouse nun paisaxismo de tendencia "fauve". Derivou máis tarde, durante a súa estancia italiana, cara un xeometrismo estrutural, de base cubista e cromatistmo moi quente, con vermellos dominantes, para chegar, á fin, á súa etapa actual, por completo expresionista, de raíz irónica e con idéntica estrutura xeométrica. O dinamismo da súa pintura é unha auténtica explosión de cor, de movemento. Hai nas súas criaturas énfase e deformación deliberada e altamente expresiva. Os seus antecedentes están na tradición, desde as ilustracións prerrománicas dos Beatos de Liébana a Grünewald, Van Gogh ou Picasso.
Outro tanto acontece coa súa obra gravada, cunhas pranchas que requiren unha análise minuciosa para recoñecer a súa condición de debuxante. Está en posesión de numerosos premios e galardóns.

A ESCOLA DAS AREAS

ESTA É UNHA HISTORIA PRECIOSA .
UN ESTUPENDO AGASALLO PARA OS QUE AMAMOS A NOSA LINGUA


http://flocos.tv/curta/a-escola-das-areas/

ORIXE DAS PANXOLIÑAS



SE QUERES SABER DE ONDE VEN A TRADICIÓN DAS PANXOLIÑAS MIRA ESTE VIDEO

BO NADAL

BO NADAL E ANO NOVO

QUEREMOS FELICITAR O NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE CABANAS.
DESFRUTADE DAS VACACIÓNS E QUE OS REIS MAGOS E O APALPADOR VOS TRAIAN MOITAS COUSAS E TODAS BOAS.

AQUÍ TEDES ALGUNHAS ACTIVIDADES DE NADAL.
FELIZ ANO NOVO

http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/index.php

14.12.10



Nenos e nenas do CEIP Cabanas, como a unidade didáctica de ACROSPORT xa está rematada, aquí vos deixo un recordo de todo o que traballáchedes. Espero que o pasarades ben e disfrutasedes desta modalidade deportiva, coa que aprendemos ademais do que é un PORTOR, un ÁXIL, unha AXUDA, os AGARRES... a importancia do traballo en equipo, o respecto as opinións dos demais, e a colaboración e o diálogo que require este tipo de traballos.

9.12.10

O MAGOSTO

A mediados de Novembro celebramos no CEIP Cabanas o Magosto...

Como se ven celebrando todos os anos, en moitos lugares e rincóns da nosa terra, no colexio levamos a cabo o tradicional Magosto. Tamén aprendemos como se celebra noutras rexións de Galicia e Portugal.

Como a climatoloxía non nos acompañou no día do Magosto, comemos as castañas asadas pero pospuxemos os xogos con castañas para o 26 de Novembro. Disfrutade e recordade de novo eses momentos coa seguinte presentación...



O pasado 30 de Novembro tivemos no cole un obradoiro de "Cantos de Reises" no que participamos nenos e nenas, pais, nais e profes.

Algúns compoñentes do grupo de música tradicional "OS CHICHISOS" nos explicaron de onde veñen este tipo de cantos e as partes de que constan:
a ) Pedir permiso para cantar.
b) Cantar.
c) Agradecemento ou queixa (asegún deran ou non aguinaldo).

Todos e todas cantamos con eles e pasamos unha tarde ESTUPENDA!!!

Velaí tedes un recordo desa tarde...


26.11.10

25 DE NOVEMBRO

DIA DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER



Nos queremonos unir a este día mostrandovos o conto de ARTURO E CLEMENTINA

Disfrutade del.
http://www.slideboom.com/presentations/113910/Arturo-e-Clementina-2

21.11.10

O OUTONO

O OUTONO É UNHA ESTACIÓN PRECIOSA.
DANOS MOITOS FROITOS E MOITA BELEZA.
COMPROBADEO VOS MESMOS

SAMAIN 2010

ESTE ANO O SAMAIN DE CABANAS FOI "DE MEDO"
Despois de solventar algúns problemas técnicos "por fin" podemos mostrar como foi o noso Samain. Disfrutade vendo o ben que o pasamos.

Samain en cabanas

Check out this SlideShare Presentation:

20.11.10

CURTULGAL


FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Culturgal é o fogar da cultura galega


Durante este mes celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra CULTURGAL

podedes consultar o programa ciclando aquí











El Cazo De Lorenzo

Esta é a bela historia dun neno especial

Lorenzo e o seu cazo ten moito que ensinar
nos a tod@s

Disfrutade de este precioso conto

20 DE NOVEMBRO DIA DO NENO

HOXE 20 DE NOVEMBRO CELEBRASE O DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA
CONVIDAMOS A QUE VEXADES ESTE VIDEO



TAMÉN PODEDES VISITAR OS SEGUINTES ENLACES QUE VOS PODEN RESULTAR DE INTERESE

http://inn.oea.org/adamweb/adam.htm

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/varios/dereitosneno/infancia_e.html

26.10.10

No CEIP de Cabanas
LOITAMOS... "OLÍMPICAMENTE"


Os e as alumnos e alumnas de Primaria do CEIP de Cabanas, recibimos o Luns 25 e Martes 26 de Outubro, a visita de 2 monitores da Federación Galega de Loita e do CGTD de Pontevedra; que nos presentaron e achegaron a este noble e entretido deporte.

PASÁMOLO REALMENTE BEN!!!



Aquí podedes ver unha mostra do que fixemos e de todo o que aprendemos...










22.10.10

XOGAMOS CO SAMAÍN!!!

Imos comprobar canto sabemos sobre o Samaín....




















Preparados, listos, XAAAAAAAA!


(clicade no seguinte enlace)

http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html