26.3.20

EDUCACION INFANTIL

O alumnado de E.Infantil non ten obriga de facer tarefas escolares, pero é importante que manteñan unha rutina.
As profes traballan para darvos ideas e orientacións de como facelo e no FARO DE VIGO  pulicaron este artigo que  está moi ben e creo que vos pode axudar.


24.3.20

REVISTA ON LINE "LA GUIA INFANTIL"

Seguramente estaredes saturados de propostas de actividades para facer dende a casa porque  polas redes sociais aparecen actividades  divertidas e estupendas.
Pero quería recomendarvos unha páxina, que non solo ten propostas de actividades se non tamén artigos moi interesantes e variados convertendose nunha estupenda escola de familias.


GUIA INFANTIL

23.3.20

CONFINAMENTO COVID-19

Bo día familias
levamos unha semana confinados na casa, e aínda que xa queda menos, a carreira que temos que correr é de fondo.
Dende a páxina web do centro e das aulas virtuais estamos realizando propostas para interrumpir o menos posible o proceso de aprendizaxe do noso alumnado.
Non sabemos que vai a pasar porque esta situación é completamente anormal.
Temos moitas preocupacións, de saúde, dos nosos familiares  que non están connosco, de incertidumbre, de traballo,... 

Somos conscientes que as familias  con nenxs pequenxs estades a pasar momentos  dificiles polo que vos mandamos outra proposta de actividade.

Creo que pode ser interesante para os nenxs pero tamén para os papás e mamás, sobre todo nestes días nos que seguramente temos un sobreexceso de pantallas.



Pronto volveremos a ter o patio do centro cheo de risas e de xogos

UNHA APERTA E MOITO ÁNIMO PERO SOBRE TODO SAÚDE PARA TODXS.