22.6.18

DOCUMENTAL "AS 7 MARABILLAS DO MUNDO"

Presentámosvos o documental feito por todos os nenos e nenas do cole sobre as 7 marabillas do mundo moderno, despois de facer un exhaustivo traballo de investigación durante o segundo e terceiro trimestre. 

Grazas Pataquiña pola túa colaboración, disfrutamos moito facéndoo. Agardamos que vos guste tanto como a nós facelo.

 

12.6.18

"CABANAS RECICLA"


Durante todo este curso os alumnos e alumnas do  cole de Cabanas traballamos arreo nun proxecto sobre a xestión de residuos, coa axuda de SOGAMA.

Deste modo aportamos o noso gran de area para acadar os 17 obxectivos polo desenvolvemento sostible propostos pola UNESCO no 2030.
Para mostrar o traballo realizado por todo o alumnado do centro fixemos unha exposición no hall do cole durante a primeira  semana de xuño, celebrando así o "Día do medio ambiente" e o "Día dos océanos".


As actividades propostas por Sogama consistiron nunha charla informativa, guia para realizar en cada aula "Illas de reciclaxe", e a participación nun xogo, e procuramos reciclar en todas as actividades.





Cada clase fixo un cartel para mostrar como seleccionar o lixo e que cousas poden ou non ir a cada contenedor.









E tamén temos un espazo  onde podemos facer propostar para usar os 3 "R"
REDUCIR - REUTILIZAR- RECICLAR



O alumnado de 5º fixo un traballo de investigación sobre os plásticos, fantástico. Nun mural explican os diferentes  tipos de plásticos, os seus usos e composición.





E con toda esa información elaboraron un video con información rigurosa e completisima, que podedes ver a continuación

.



Pero sen lugar a dúbidas o que puxo unha nota divertida e de cor á nosa exposición foron os traballos feitos polas familias do noso alumnado, que unha vez máis se volcaron en participar nas actividades "en familia" que propoñemos dende o centro.