16.11.19

CONGRESO ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO

Os pasados xoves 14 e venres  15 de novembro celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra o VIII Congreso das Escolas Asociadas UNESCO.
Como representación do noso cole foron os alumnos e alumnas de 4º de E.Primaria.

Expuxemos os nosos traballos 




Na presentación do encontro xunto coas autoridades, concelleira de cultura Carmen Fouces, e as coordinadoras galega e estatal das Escolas Unesco estiveron Nerea do Ceip San Bieito de Lerez e Nico Barreiro do Ceip de Cabanas.


E antes do descanso disfrutamos dun concerto da orquesta do conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra, e do alumnado do Cole de Lisboa invitado ao Congreso, que foi unha das actividades que máis gustou.



A continuación cada un das escolas participantes fixeron as súas presentacións. E os nosos nenos  fixeronno de 10.






Despois de comer e descansar un ratiño, comenzamos os talleres, polo que nos dividimos por grupos e disfrutamos de actividades variadas, todas elas coa finalidade de traballar un dos obxectivos ODS.


Algunhas familias foron acolledoras de nenos de outros centros que quedaron a durmir hasta o día seguinte. GRACIASSS!!!

O venres despois de facer asambleas por talleres e valorar as cousas máis positivas e negativas e chegar a conclusións expuxémolas de novo para todos. E recibimos un diploma por participar.





Rematamos co baile de "DESPLASTIFICATE", coa música feita polo conservatorio de Redondela.
Queda como proba o ben que o pasamos.



UNS DIAS QUE NON ESQUECEREMOS!!!!