11.2.18

ENTROIDO CABANAS

Este ano celebramos o Entroido na CASA VERDE de Salcedo,
o que nos permitiu lucir os nosos disfraces e os bailes que tiñamos preparados gracias á nosa profe Raquel.
Mirade ben o ben que nos quedou todo.








Noraboa  e grazas a todos e todas: aos responsables da Casa Verde que nos ofreceron este estupendo espazo e nos axudaron en todo,  á empresa de buses Rias Baixas que nos levou hasta alá gratis. Aos nosos profes que prepararon todo tan ben,  as familias por colaborar coma sempre cos disfraces e sobre todo aos nenos e nenas de Cabanas que se portaron estupendamente.

E agora a desfrutar uns días dun merecido descanso.

Se queredes ver máis fotos e un video precioso clicade aquí. e veredes o blogue do 2º ciclo.

4.2.18

DIA ESCOLAR POLA PAZ

O día 31 de xaneiro celebramos no Ceip de Cabanas o "DÍA ESCOLAR POLA PAZ"
Este ano celebrámolo rememorando á escritora  GLORIA FUERTES


O alumnado de 6º A ofreceunos un teatro de sombras con algúns contos da autora e outros  cursos recitaron os seus poemas infantís.

Finalmente saímos ao patio e bailamos todos xuntos. Gracias profe Raquel por ensinarmos actividades tan divertidas.






Tamén  entre todos elaboramos un mural sobre Gloria Fuertes  que nos quedou precioso.







OS DE 4º VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA

A pasada semana o alumnado de 4º xunto coas nosas profes visitamos o sexto edificio do "Museo de Pontevedra"