23.3.20

CONFINAMENTO COVID-19

Bo día familias
levamos unha semana confinados na casa, e aínda que xa queda menos, a carreira que temos que correr é de fondo.
Dende a páxina web do centro e das aulas virtuais estamos realizando propostas para interrumpir o menos posible o proceso de aprendizaxe do noso alumnado.
Non sabemos que vai a pasar porque esta situación é completamente anormal.
Temos moitas preocupacións, de saúde, dos nosos familiares  que non están connosco, de incertidumbre, de traballo,... 

Somos conscientes que as familias  con nenxs pequenxs estades a pasar momentos  dificiles polo que vos mandamos outra proposta de actividade.

Creo que pode ser interesante para os nenxs pero tamén para os papás e mamás, sobre todo nestes días nos que seguramente temos un sobreexceso de pantallas.



Pronto volveremos a ter o patio do centro cheo de risas e de xogos

UNHA APERTA E MOITO ÁNIMO PERO SOBRE TODO SAÚDE PARA TODXS.