29.2.20

SALÓN DO LIBRO 2020

Xa temos preparado o noso traballo para o SALÓN DO LIBRO 2020

"COMIDA DIVERTIDA"

porque este ano o salón está adicado ao HUMOR




Podedes ir a velo a partir do día 6 de marzo, e clicando aquí, podedes ver o programa deste ano...
pero por si non podedes aquí tedes unhas imaxes.








24.2.20

ENTROIDO 2020

 Na festa do Entroido pasamolo moi ben. Preparamonos no cole, actuamos na Casa Verde e voltamos ao cole para queimar o Cabanón, despois de recitarlles as coplas feitas por todos.