1.12.11

Visita aos Muíños da Cancela.



O pasado luns 29 de novembro, visitamos os muíños da Cancela que están restaurados e en funcionamento. Aprendemos moitas cousas grazas ás explicacións que nos deron dous veciños de Salcedo.



No primeiro muíño, Ramón Laxe, da asociación Vaipolorrío, explicounos todo o proceso da muiñada, dende que a auga entra no inferno e move o rodicio, ata que sae a fariña ben triturada pola moa.



Ademais, todos puidemos debullar mazarocas de millo. Por todo isto dámoslles as grazas aos nosos informadores pola súa colaboración desinteresada.



Nas fotos que poñemos a continuación podedes ver o ben que o pasamos e o que fixemos.



Aprendemos moito e divertímonos máis.