27.2.19

REMATE PROGRAMA CIBER-EXPERTO

REMATE PROGRAMA CIBER- EXPERTO

O  pasado martes o alumnado de 6º de primaria recibiron os carnets que os certifica como  ciberexpertos.
Despois de varias dias de clase no 1º trimestre, e demostrar que adquiriron os coñecementos necesarios sobre as redes sociais, os perigos que podemos  atopar na rede, e moitas outras cousas necesarias para ter unha BOA SAÚDE DIXITAL.

Tivemos a honra de contar coa presenza, non sólo de Roberto que foi o instructor do curso, se non tamén da Comisaria Jefa da Policia Nacional da provincia de Pontevedra e a Subdelegada do Goberno en Pontevedra.

Orgullosos estamos dos nosos alumnos e alumnas.




25.2.19

ORBIL DANOS UNHA SORPRESA

ORBIL DANOS UNHA SORPRESA




Hoxe mesmo, nada máis chegar ao cole ORBIL veu de visita !!!!!
Poidemos abrazalo, chocar as mans e sacar unhas fotos con el.
 Gracias por vir ao Cole de Cabanas, VEMONOS DE NOVO NO SALÓN DO LIBRO!!!!


O XOGO NON É UN XOGO

O XOGO NON É UN XOGO


Coa intención de completar o traballo que estamos a facer no cole sobre os xogos no patio de recreo, levamos a cabo unha charla para familias sobre a importancia do xogo e non dos xoguetes. 
Os nosos nenos e nenas aprenden xogando, movéndose, creando e inventando as súas propias aventuras.  Precisan os espazos adecuados e as oportunidades, o resto xa o poñen eles.

A charla deunola Itos Lorenzo, Psicóloga e Psicomotricista que traballa no Milladoiro en MEDRANDO XUNTOS