26.2.21

ANTROIDO EN CABANAS 2021

 Nas rúas de Pontevedra non hai Entroido este ano pero no

 cole de CABANAS sí.

E así de ben o pasamos recreando con moita variedade a

 temática dos MUSEOS.

Tivemos museo da Prehistoria, das Ciencias, O museo de

Pontevedra e os seus arqueólogos, Pintores que decoran  as

 pinacotecas co seu traballo,  museo das marionetas e unha

 estupenda representación dos cadros máis famosos do

 mundo.


Pasamolo xenial, e incluso o tempo nos deu unha

 tregua e saleu o sol para ver os nosos disfraces.























1.2.21

DIA DA PAZ. CABANAS 21

 

Cada 30 de Xaneiro, celebramos o día Escolar da non violencia e da Paz, como homenaxe a Mahatman Gandhi, lider do movemento de independencia da India e pionero da filosofía da non violencia.

Este ano dende as Escolas Asociadas UNESCO, queremos coñecer a Rosa Parks, unha activista e unha das figuras máis importantes do movemento polos dereitos civís dos Estados Unidos.

Un día de 1955, cando viaxaba en autobús , o conductor mandouna que se levantara do seu asiento porque debía ocupalo un branco. Inesperadamente, Rosa dixo que non e con ese xesto mínimo reorientou a historia do seu pais, pois o seu exemplo moveu a comunidade negra a reivindicar os seus dereitos, tantas veces violados.

Esta é a selección de libros para traballar e saber máis.





E como para nos é un día de festa, 

celebrámolo cantando e bailando