2011, Ano Internacional da Química
A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o ano 2011 como o Ano Internacional da Química . Na súa declaración indica que deste campo da ciencia se espera que proveñan novas solucións para o benestar da humanidade, principalmente as relacionadas coas fontes alternativas de enerxía, saúde e alimentación.
O ano da Química coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie . Esta extraordinaria científica, nada en Polonia e nacionalizada francesa, foi a pioneira na radioactividade, e tamén foi a única muller que recibiu o Nobel de Física (1903) e de Química (1911).
Podes completar esta información clicando no seguinte enlace
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.