5.6.19

PARTICIPACIÓN EN PONTEENCIENCIA



O alumnado de 6º estiveron a traballar arreo para a edición de PONTEENCIENCIA deste ano.


O traballo de investigación que fixeron  foi sobre a "Flotabilidade" e de como hai variables que influen na mesma, como son o tipo de fluido e densidade deste, a forma do obxecto e o peso do mesmo.
Traballouse o método científico, partindo da observación e a formulación de hipótesis para despois realizar as probas e medicións hasta chegar a conclusións e si as nosas hipótesis iniciais se cumpren ou non.




E durante a Feira explicamos o noso traballo ao xurado, pero a todos os visitantes que mostraban interese, incluido ao Alcalde de Pontevedra




Nesta ocasión non merecimos un premio pero quedamos moi satisfeitos coa nosa participación  e recibimos un diploma de participación que recolleu David en nome dos demáis.




Tamén queremos destacar que a Anpa BOLBORETA tamén participou na sección correspondente a familias con un stand.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.